Un grupo de activistas comeza unha acampada pola vivenda na Alameda de Vigo

Un colectivo de persoas que residen e traballan en Vigo estableceron este luns unha acampada pola vivienda, ubicada na Praza de Compostela, á que convidan a todos os movementos e veciñas a sumarse. Definen a iniciativa como unha forma pacífica de protesta, organizada horizontalmente e que pretende servir como espazo de encontro e axuda mutua.

A acampada, que replica o acontecido noutras cidades do Estado como Madrid; Compostela ou Pontevedra, cita como o seu motivo principal a dificultade para acceder a unha vivenda, especialmente para as xeracións máis novas. Sinalan como responsables ás institucións a todos os niveis, acusándoas de gobernar para os rentistas e non para a cidadanía.

Dende a organización da acampada recoñecen a precariedade habitacional como unha violencia máis de todas as que atravesan a vida das persoas, calificando a situación como insostible. O obxectivo da mobilización é esixir que se garantice o dereito a unha vivenda digna, sumándose aos esforzos en todo o Estado de cara á folga xeral de novembro.

Comparte éste artículo
No hay comentarios