Os populares piden ao goberno local un esforzo nas políticas municipais destinadas a protexer á mocidade con especial incidencia en problemáticas relacionadas co desamparo infantil e os menores en situación de vulnerabilidade.
Esta planificación transversal, que implicaría varias áreas do Concello así como entidades sociais e centros educativos serviría para:
- Ofrecer unha participación activa
- Que sean parte da toma de decisións a través de estruturas propias
- Planificar e coordinar accións que teñan continuidade no tempo
- Identificar situacións de desamparo en menores e dar unha resposta rápida
• O concelleiro popular Gustavo Díaz presentou esta iniciativa, que defenderá no pleno de novembro, coincidindo coa celebración esta semana do día mundial da infancia incidindo que “as políticas locais de apoio á infancia e a adolescencia son unha materia pendente do goberno local”
• O concelleiro Gustavo Díaz explicou que “non se trata de gobernar para a infancia e a adolescencia senón gobernar con eles”