. O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, apostou hoxe polo proxecto socialista de reindustrialización de Galicia “da man da enerxía, da I+D+i e das novas tecnoloxías”. Así o dixo na visita á sede de Urovesa, en Valga, unha empresa que destacou como “o mellor exemplo da aposta do Goberno polo I+D galego e a automoción”.
Besteiro apuntou que a empresa “coincide co novo ideal de empresas” que está a impulsar o goberno de Pedro Sánchez co obxectivo de “volver a que Europa sexa centro de produción intelixente e verde”. O tamén deputado socialista apostou por empresas que demostren “capacidade de adaptación e de medrar creando emprego” ata o punto de erixirse en “referencia nacional e internacional”, como neste caso.
Respaldou iniciativas como esta compañía galega, URO Vehículos Especiais S.A., especializada na construción de vehículos especiais e de gran tonelaxe, que “avanza cos novos tempos” e ten acadado “prestixio recoñecido”. Salientou a súa adaptación á reindustrialización en base ao coñecemento e o crecemento intelixente e a dixitalización cunha aposta pola tecnoloxía de primeira orde.
A empresa é referencia tamén pola súa “proxección” nos servizos públicos pola súa relación coas comunidades autónomas, as deputacións e os concellos á hora de impulsar un sistema industrial de automoción “moi presente” na vida cotiá dos cidadáns e das cidadás.
A compañía galega ten deseñado para o Ministerio de Defensa unha variante do seu vehículo estrela, un todoterreo dotado dun sistema de propulsión mediante pila de combustible de hidróxeno que o propio Besteiro tivo a oportunidade de probar durante a súa visita de hoxe.
Perte do Vehículo Eléctrico
Ademais, é unha das 21 empresas que integran o proxecto SoNNMESyC, beneficiario da primeira convocatoria do programa de axudas á cadea de valor do Perte do Vehículo Eléctrico e Conectado. Esta iniciativa recibirá un total de 32,8 millóns de euros, dos que 22,5 son axudas e outros 10,3 proceden de préstamos.
José Ramón Gómez Besteiro visitou a sede da empresa en Valga xunto co delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o deputado no Congreso David Regades, onde foron recibidos polo conselleiro delegado de Urovesa, Justo Sierra, e outros representantes da directiva.
Gómez Besteiro no apuesta por nada de eso porque de tecnología y automoción lo ignora todo ,no tiene datos ni a nadie que se lo haga entender.
Ahora aparece por todos los sitios publicitándose como futuro Presidente de la Xunta pero como siempre :»por la cagada se conoce al pájaro» y el hecho de no haber trabajado jamás en nada y llevar 7 años apartado de la política por las razones que el propio Gómez Besteiro conoce muy bien ,permite creer que al menos en Lugo ,nadie lo haya olvidado.
No sé que pruebas pudo hacer en la factoría de los vehiculos porque es imposible probarlo del modo que se publicita
y para entender algo acerca de esos equipos hace falta algo más de tiempo que un «paseo fotográfico» por las instalaciones.
En en PSG-PSOE dan por hecho que Besteiro triunfará y será el futuro Presidente de la Xunta,sin contemplar que Ana Pontón del BLOQUE ,va delante en las encuestas y que el Presidente de la Xunta actual Sr.Rueda,tambien existe.