O parque de Bombeiros de Barreiros pechado por falta de persoal

por Redacción Lugo

Dos catro efectivos previstos no cuadrante de hoxe, 3 de decembro, no Parque de Bombeiros de Barreiros, esta mañá non se incorporaron tres (dous por baixa médica e un por permiso). Ante esa situación, avisouse aos suplentes para poder cubrir os servizos mínimos, pero tampouco se incorporaron.

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo considera que é unha irresponsabilidade do persoal que obriga a deixar sen servizo as instalacións ata as 9.00h de mañá luns.

O Consorcio xa informou ao servizo 112 de que as incidencias serán atendidas dende o Parque de Bombeiros de Viveiro ou dende o de Vilalba, en función do tempo de resposta.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario