A entidade provincial subvenciona o programa cun investimento de 100.000€
A Deputación da Coruña ven de asinar un convenio de colaboración co Consorcio Universitario do Centro Asociado á UNED da Coruña para o cofinanciamento do seu Programa de actividades sociais e de divulgación cultural. A deputada de Cultura, Natividad de Jesús González, e a directora do Centro Asociado á UNED da Coruña, Ana Mónica Novo, asinaron o acordo polo que se instrumenta unha subvención de 100.000€.
A entidade provincial apoia así a oferta cultural que ven desenvolvendo o consorcio, aberta, multidisciplinar e que chega aos lugares máis recónditos, no seu obxectivo de colaborar no desenvolvemento social da contorna.
“Dende a área de cultura da Deputación apoiamos proxectos que contribúan á riqueza cultural do país” sinalaba Natividad González “e, neste sentido, a labor que ven desenvolvendo a UNED da Coruña cumpre sobradamente ese obxectivo, de aí que conte coa nosa colaboración”.
Este acordo forma parte do copromiso da Deputación de fomentar a educación e a programación cultural, así como a subvención das actividades culturais, artísticas e cienfítificas, da man de outras entidades e organismos, para contribuir dun xeito sustentable ao avance do coñecemento e o benestar social.