O xurado valorou hoxe todos os traballos presentados polos alumnos dos tres colexios do municipio
O Concurso de Postais de Nadal convocado polo Concello da Laracha, no que se convidou a participar ao alumnado dos tres colexios do municipio, xa ten gañadores.
Esta mañá o xurado formado por técnicos municipais -a animadora cultura e a profesora da actividade de manualidades e pintura ao óleo- e membros do equipo directivo de cada centro de ensino valorou todos os traballos presentados, seleccionando os que consideraron que eran os mellores de cada unha das catro categorías -establecidas por grupos de idade- segundo os criterios de creatividade, orixinalidade e composición.
Os premios consistirán en xogos, libros e material educativo e didáctico. O acto de entrega será o venres da próxima semana, día 22 de decembro na Casa da Cultura a partir das 19:30 horas.
A relación de gañadores é a seguinte:
Categoría A (educación infantil, premios de carácter colectivo ás aulas)
- Aula de 4º de infantil do CEIP Alfredo Brañas.
- Aula de 5º de infantil do CEIP Otero Pedrayo.
- Aula de 6º de infantil do CEIP de Caión.
Categoría B (1º e 2º de primaria)
- Laila Blanco Lago (1º do CEIP de Caión)
- Helena Carracedo Añón (2º C do CEIP Otero Pedrayo)
- Gabriela Díaz Montes (2º do CEIP Alfredo Brañas)
Categoría C (3º e 4º de primaria)
- Daniela Mallo Mallo (4º do CEIP de Caión)
- Alejandro Varela Añón (4º do CEIP Alfredo Brañas)
- Leia García Nogareda (4º C do CEIP Otero Pedrayo)
Categoría D (5º e 6º de primaria)
- Aroa Rojo Pérez (6º do CEIP de Caión)
- Alba Vázquez Gende (6º A do CEIP Otero Pedrayo)
- Román González Otero (6º do CEIP Alfredo Brañas)