Os Bombeiros Comarcais concentrados na Praza do Obradoiro por tempo indefinido

por Redacción Galicia

Na xornada de hoxe, 24 bombeiros en representación dos 24 parques comarcais de Galicia, déronse cita ás 09:00h na Praza do Obradoiro para comezar un acto de protesta pacífica consistente nunha concentración por tempo indefinido.
A idea é manter a protesta de xeito ininterrompido, polo que unha parte dos bombeiros durmirá ao raso ao serlle denegada pola subdelegación do Goberno a petición de uso de tendas de campaña para pasar as noites.
A duración da protesta manterase ata que os traballadores acorden o seu levantamento nunha asemblea xeral, na que se valorarán os avances que vaian recollendo as negociacións coas Administracións implicadas no conflito laboral do colectivo.
Membros do comité de folga, aproveitaron a xornada para manter un encontro co candidato do PSOE ás autonómicas, José Ramón Gómez Besteiro. Este encontro vai na axenda dos sindicalistas que andan procurando manter xuntanzas con todos os candidatos á Xunta, a fin de coñecer cales son as súas pretensións no modelo de extinción de incendios salvamento.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario