Podemos. «A Xunta de Galicia volve a marxinar a Laxe investindo en marquesiñas de bus na contorna e excluíndo ó Concello»

por Redacción Galicia

Fai un ano, Podemos Laxe enviou un escrito ó Delegado Territorial Da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, ante o anuncio do investimento en marquesiñas de bus nos concellos da contorna, excluíndo a Laxe, ó mesmo tempo que se denunciaba o mal estado da meirande parte das mesmas, co perigo para os usuarios e usuarias, xa que moitas delas se encontran coas lúas rachadas e os elementos metálicos ferruchentos.

Dito escrito traducíuse na instalación dunha marquesiña nova no lugar de Aprazadoiro. Actualmente, a coalición Unidas Podemos, liderada polo concelleiro Fernando Del Moral Regaldie, vén de enviar un novo escrito a Gonzalo Trenor denunciando novamente a marxinación á que se somete a Laxe, xa que a Xunta acaba de anunciar un investimento de 1´9 millóns de euros en 64 paradas de autobús e ningunha en Laxe.

Fernando Del Moral manifesta que, «non nos importa se é debido á inacción do equipo municipal ou se é responsabilidade dun mal reparto dos investimentos por parte da Xunta, pero dende a nosa coalición esiximos que a seguridade das persoas que empregan ditas paradas, a maior parte nenos e nenas, sexa tida en conta e corrixan semellante agravio contra a nosa veciñanza».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario