O portavoz, Óscar Fernández, subliña «o compromiso do Goberno de Rueda co noso concello» mentres que «o goberno municipal reduce nun 63% os fondos propios dirixidos a investimentos»
- Os orzamentos da Xunta para 2024 recentemente aprobados recollen 1 M€ para a nova oficina agraria, 780.000 € para a ampliación do solo empresarial e 200.000 € para a ampliación do centro de saúde
- A Xunta tamén financia os servizos públicos da súa competencia no municipio, apoia a prestación do SAF municipal (no 2023 dirixiu a Meira 232.000 €) e coopera co propio Concello (este ano con 147.000 €)
- Os populares lamentan que «o goberno local socialista centre o discurso dos orzamentos na eliminación da débeda municipal» porque «a falta de iniciativas repercute na falta de atracción de poboación e inversores que dinamicen o Concello»