A concelleira do BNG, Maite Ferreiro, reclamou ao Concello unha actuación urxente para «limpar e restaurar» as citas literarias situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre. Ferreiro afirmou que esta é «unha intervención que permite recuperar homenaxe que o Concello de Lugo realizou a estes persoeiros tan importantes da nosa cultura». A edil lanzou esta petición despois de que a placa adicada a Ramón María de Valle-Inclán leve preto dun mes vandalizada con diversas pintadas.
Segundo a edil do BNG, «o correcto mantemento destes elementos ornamentais de contido cultural e identitario, forma parte da imaxe da cidade por estar situadas na zona máis concorrida e visitada de Lugo». Ferreiro afirmou que o goberno debería executar «unha intervención de mínimo custo para o concello, que mellora considerablemente a estética da zona máis céntrica da cidade e que pon en valor ás persoas que representan a nosa cultura e á nosa identidade como pobo».
As 9 placas colocadas sobre 7 soporte de granito están situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre están adicadas a: Manuel María, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Rosalía de Castro, Ramón María de Valle-Inclán, Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo, Uxio Novoneyra, Álvaro Cunqueiro e Manuel Curros Enriquez.