O Partido Popular presenta un ROGO para RECLAMAR A ELIMINACIÓN DA PINTURA AZUL nos aparcadoiros da ORA en Lugo, a pesar de que o servizo está suspenso desde xuño de 2015.
Pedimos que se borren estas marcas para evitar equívocos ás persoas que nos visitan e que non saben que na nosa cidade non se paga por aparcar.
Despois de 8 ANOS, é hora de tomar medidas para evitar malentendidos.
Estas imaxes reflicten a deixadez do goberno local que mantén unha sinalización dun servizo que non existe.
NICOMEDES PASTOR DÍAZ
RÚA OURENSE