Peche temporal ao tráfico dunha estrada na Laracha

por Redacción A Coruña

O corte está motivado pola execución das obras do proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga

16 de xaneiro de 2024. O Concello anuncia o peche temporal ao tráfico da estrada que comunica Requesende (parroquia de Golmar) coa DP-2404 á altura de A Fonte da Canle (Vilaño), que será efectivo desde as 9:00 horas deste xoves.

O corte á circulación está motivado pola execución do proxecto de mellora da rede de abastecemento impulsado polo Concello e a Xunta de Galicia para aumentar nun 50 % a capacidade de bombeo de auga e nun 130 % o depósito.

Precisamente as obras que obrigan a pechar a estrada ao tráfico consisten na conexión do novo depósito de auga -actualmente en construción- co punto de captación na estación potabilizadora de Gabenlle.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario