O Conselleiro do Mar visita as mariscadoras de Cabana de Bergantiños

por Óscar de Souto

Mentres a maioría as Confrarías galegas están na bancarrota, sen marisco polas riadas e outros problemas variados, as só 30 persoas da Asociación de Cabana, facturaron 1,44 millóns de euros cun total de case 115.000 quilogramos de berberecho, 115 toneladas, xa vendido e cobrado en datas recentes, unhas cifras que asustan a outros profesionais do sector nunha situación francamente tráxica. Unhas cifras que non superan entre todas as Confrarías de Galicia xuntas.

Aínda que apenas trascendiu os medios a hora ou a información pormenorizada desta reunión, amodo de simple visita, na xornada de hoxe o Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, observa as super-instalacións, depuradora incluída, que teñen a sorte de ter a agrupación de mariscadores do Río Anllóns, a escasa distancia do esteiro, só a uns metros, e non moi lonxe da Casa do Concello. E momento de contrarrestar, con cartos da Xunta, cartos de todos os galegos, a campaña dos partidos políticos e a manifestación do domingo, día 21 en Santiago de Compostela. A foto do Conselleiro é moi importante, poderán non apoiala manifestación diversas Confrarías, como pasou co Prestige, aínda si resolver onde se meteron os millóns que chegaban das donacións de empresas e particulares. Coa clase traballadora, mariscadoras e mariscadores, non poderán os que mandan e manipulan. O que non poderán nunca e comprar vontades de quen ten que ir o mar e mollarse para levar o sustento a súa familia.

Tamén estivo presente o propio Alcalde da localidade, entre outras personalidades. A estratexia da que é a de promocionar o sector e visitar as agrupacións que mellor lles vai para saír moito mellor na foto, os das subvencións. Nas manifestacións de Santiago de Compostela non estarán representados estes priviliexados, si acuden practicamente todos os membros das Confrarías das Rías Baixas e outros moitos grupos e colectivos de toda a nosa costa.

Estamos en campaña electoral e o apoio a esa parte dos sectores que lles vai moi ben será a estratexia a seguir ata o día de votar. Uns recollen pélets pola area e auto-organízase para manifestarse e mentres a Xunta promociona os produtos do mar. Cada un recolle do que foi sementando

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario