Olalla Rodil. «Debemos xerar espazos rurais atractivos para a poboación e poñer a administración ao servizo das persoas que apostan polo noso territorio»

por Redacción Lugo

Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, mantivo unha xuntanza con productores de diversos sectores agrogandeiros no lugar de Neipín no concello de A Pontenova. Tamén estiveron presentes o candidato mariñán Daniel Castro, nùmero dous da lista, e diversos cargos orgánicos e institucionais do BNG. Rodil apuntou a necesidade de «dar axilidade, dende a administración, a todos os expedentes relacionados co medio rural e poñer os medios da Xunta ao servizo das persoas que os soliciten, non pode ser que o goberno da Xunta se converta nun enemigo do sector como ven sucedendo dende que o PP goberna na Xunta». Dende o sector productivo, representado na xuntanza, manifestouse o descontento polo xeito actual de xestionar as diferentes axudas e as idemnizacións derivadas de ataques por fauna salvaxe.


Rodil afirmou que se trata de «unha necesidade» mellorar a dotación de infraestruturas e servizos con especial énfase nas zonas rurais máis afastadas, moi especialmente nas provincias de Lugo e Ourense. Ademáis o BNG acredita na elaboración dun plan para avanzar de forma planificada no establecemento de redes de saneamento e  abastecemento de auga nos núcleos rurais. A cabeza de lista do BNG por Lugo tamén estableceu como prioridade «un plan de mobilidade no rural,  con rutas e horarios suficientes para asistencia prioritaria no ámbito da educación, sanidade e servizos sociais» e engadiu a necesidade da «recuperación de vivendas no rural e creación dun banco de vivendas, establecendo un marco de colaboración entre o IGV, os Grupos de Desenvolvemento Rural, a FEGAMP e as Deputacións Provinciais».

«Temos comprobado que as políticas emanadas de Bruxelas, e aplicadas nos distintos marcos agrarios estatais, polo Goberno do Estado, non deixan de ser somníferos placebos de desmantelamento dos nosos sectores produtivos» dixo Olalla Rodil e engadiu «tamén os efectos nocivos das décadas de políticas do Partido Popular, e que actualmente se centran en poñer os nosos recursos en mans de capital estranxeiro e de fondos de investimento, que están a acaparar recursos como a auga, os nosos montes e boa parte da Superficie Agraria Útil galega».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario