Veciñanza de As Somozas alertaron dun novo episodio de emanación de gases tóxicos desde unha das naves das instalacións do complexo de Sogarisa, empresa de tratamento de residuos industriais. A pesar de que a nube tóxica apareceu ven entrada a noite, foi detectada polos veciños, quen denuncian que «isto non é un feito illado, senon un episodio máis. E sempre con nocturnidade».
Ecoloxistas en Acción e Acouga sinalan que a nube tóxica procede da nave de estabilización de residuos perigosos con cal. Denuncian que Sogarisa está incumplindo reiteradamente a normativa de Prevención e Control integrados da contaminación (IPPC), xa que estes procesos con cal deben realizar se nunha instalación estanca con aspiración para impedir a emanación de partículas nocivas para a saúde.
«Instamos a Xunta a que non siga permitindo que se poña en perigo a saúde da veciñanza da contorna. Non queremos máis promesas incumplidas, senon feitos. Por iso acudimos a xustiza ante o desleixo da administración«, declara Roberto Vilela, voceiro de Ecoloxistas en Acción.
Ademais desta denuncia, Ecoloxistas en Acción e Acouga están reuníndose coa veciñanza afectada para presentar tamén unha demanda conxunta por delito ambiental e contra a saúde publica. Sinalan que é a única vía que lle queda a veciñanza para impedir a contaminación de Sogarisa, ante a inacción da Xunta de Galicia.