O Concello da Laracha remata o proceso de transformación dixital

por Redacción A Coruña

A veciñanza xa pode obter os certificados dixitais acudindo á Casa do Concello

O Concello vén de rematar o proceso de transformación dixital e modernización administrativa levado a cabo durante os últimos meses no marco do proxecto Concello Dixital en colaboración coa Deputación da Coruña. A folla de ruta da Laracha péchase cun total de trinta e nove actuacións executadas en eidos clave do plan como a formación ao persoal municipal, infraestruturas tecnolóxicas, cultura e organización, procesos dixitalizados e atención á cidadanía.

Como resultado desta iniciativa, na Laracha foi creada e está a disposición da cidadanía a nova Oficina de Rexistro Cl@ve municipal. As persoas interesadas xa poden acudir a ela a rexistrarse no sistema Cl@ve para identificarse electronicamente e obter as correspondentes credenciais, usuario e contrasinal cos que poderán relacionarse en liña coas administracións públicas. 

Cl@ve complementa os actuais sistemas de acceso mediante DNI-e e certificado electrónico. Poderase empregar en todos os servizos da Administración Xeral do Estado, en todas as Comunidades Autónomas e na maioría das Administracións Locais, facilitando a realización de trámites como a presentación da Declaración da Renda, visualizar datos fiscais, consultar información clínica, xestións coa Dirección General de Tráfico, descargar a vida laboral, etc.

Concello Dixital tamén permite que a realidade administrativa actual do Concello amose unha mellora dos tempos de primeira resposta, incrementar o uso dos procedementos electrónicos e a evolución positiva no catálogo de integracións con outras administracións na plataforma de tramitación electrónica TEDeC, o que implica axilizar as comunicacións con outros organismos públicos mediante a supresión de carga administrativa innecesaria.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario