Esiximos ao goberno do Estado español que:
1) Lidere un alto o fogo inmediato e permanente
2) Poña fin á compravenda de armas e de tecnoloxía militar e de seguridade con Israel
3) Apoie a demanda presentada por Sudáfrica no Tribunal Internacional de Xustiza contra Israel por xenocidio
4) Recupere a xurisdición universal e incremente o apoio do Estado español á Corte Penal Internacional
5) Rompa relacións diplomáticas, institucionais, económicas, deportivas e culturais con Israel
6) Poña fin á persecución e criminalización da solidariedade con Palestina e derrogue a Lei mordaza.
Queremos recoñecer a resistencia do pobo palestino fronte á ocupación, a limpeza étnica, o apartheid e a colonización e instamos á sociedade civil e esiximos ás institucións impulsar a campaña de Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS), a coalición con maior respaldo da sociedade palestina, que busca rexeitar a normalización das políticas de apartheid israelís e exercer presión para facer insostible un réxime de ocupación ilegal, colonialismo e apartheid.
A Plataforma Lugo por Palestina súmase este mércores ao chamamento de BDS Galiza “Galiza contra o sionismo”
Escribe tu comentario
Escribe tu comentario