Antonio Ameijide explica que despois de ver o plan de contratación da Deputación de Lugo para 2024, presentado onte polo PSOE e o BNG, «lamentablemente podemos confirmar que Tomé non abrirá esta infraestrutura neste ano xa que non se contempla nin un céntimo para este fin».
Os deputados populares apoiaron hoxe a manifestación convocada pola Plataforma Pro Residencia de Becerreá e estiveron e estarán ao carón dos veciños de Becerreá e da comarca dos Ancares en todas as reivindicacións e manifestacións que se convoquen ata que abra a residencia
· Dende o Grupo Provincial Popular lamentan que esta residencia siga pechada, a pesar de que se trata dun servizo moi necesario para Becerreá e para toda a comarca dos Ancares, unicamente «por unha vinganza persoal de Tomé contra o alcalde de Becerreá»
· Ameijide destaca que ninguén pode entender como un goberno de PSOE e BNG na Deputación, poder ter un investimento de millóns de euros paralizado e danándose unicamente polo complexo e revanchismo de José Tomé