Marta Lois: “Se as mulleres votan, o Partido Popular perde a maioría absoluta”

por Redacción Galicia

A candidata de Sumar Galicia á Xunta de Galicia, Marta Lois, estivo esta mañá en Santiago de Compostela no acto “Galicia, territorio de mulleres”. Acompañárona tamén a portavoz adxunta no Congreso, Aina Vidal, a cabeza de lista por Ourense, Mercedes González, e as números 2 e 3 por Pontevedra, Raquel de Ana e Rocío Núñez.

“É posible o cambio en Galicia e van ser as mulleres as protagonistas. Vai ser Sumar Galicia quen xere esa oportunidade para ter un goberno tripartito de progreso”, remarcou Aina Vidal en declaracións previas ao acto.

“As mulleres imos ser decisivas nestas eleccións”, explicou Lois. “Se as mulleres votan, o Partido Popular perde a maioría absoluta”.

A candidata explicou como as políticas útiles levadas a cabo desde o Goberno xa melloran a vida das mulleres, como pode ser a subida recente o salario mínimo interprofesional, que afecta a unhas 136.000 galegas.

Lois tamén lembrou a súa experiencia de xestión en políticas feministas, entre elas a construción de Compostela, territorio das mulleres. “En Sumar Galicia queremos navegar todas xuntas”, concluíu a candidata nas declaracións previas.

Durante o encontro, os asistentes tamén tiveron a oportunidade de escoitar á deputada da Asamblea de Madrid e senadora, Carla Antonelli, que non puido asistir por motivos de saúde. No seu lugar, Antonelli enviou un vídeo animando á xente a votar a Sumar e pediu a Marta Lois como presidenta da Xunta. “Hai que remarcar a importancia das mulleres no Espazo público, polo que pelexamos con unllas e dentes. Porque aínda que teñamos gobernos paritarios cústanos o dobre de esforzo ca os homes”.

Pola súa parte a portavoz adxunta no Congreso reivindicou as “mulleres tenras” como Marta Lois e agradeceulle o seu esforzo para chegar a acordos coas 14 formacións que conforman o Grupo Plurinacional de Sumar no Congreso.

Na xuntanza, que reuniu tamén a mulleres do sector cultural, do sector do mar, traballadoras do SAF, do ensino ou da sanidade. Na conversa as participantes destacaron a importancia de tecer redes de apoio tanto no rural galego como en zonas metropolitanas de Vigo.

Na súa intervención, a candidata á Xunta explicou tamén algunhas das propostas para as mulleres que leva Sumar Galicia no programa, como poñer a atención xinecolóxica no centro. “Se non tes 100 ou 80 euros quedas sen unha revisión. A clase social importa e o feminismo importantísimo”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario