O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeu hoxe nun mitin en Ferrol que cando sexa presidente da Xunta liderará un acordo de país con empresarios e sindicatos para mobilizar 10.000 M€ de investimento e conseguir que o PIB industrial pase do 16% actual ao 20%, que é a media española, o que vai supoñer 100.000 empregos no sector industrial e noutros sectores económicos. Trátase do primeiro grande acordo de país que impulsarán os socialistas desde a presidencia da Xunta.
Besteiro reivindicou con firmeza que “fomos os socialistas os que puxemos esta cidade a navegar de novo”. Referiuse así á “aposta sen precedente liderada polo Goberno de España por reindustrializar a comarca de Ferrol e o conxunto de Galicia con preto de 7.000 millóns de investimento para a construción das fragatas F-110, a modernización das F-100, a construción do novo Buque de Aprovisionamento en Combate (BAC) e a fábrica de bloques de Navantia, entre outros investimentos.
Lembrou que se trata da maior inxección económica realizada nun estaleiro español da historia, grazas á que se xerarán máis de 10.000 postos de traballo e carga laboral para os vindeiros 10 anos. Sinalou que “é un esforzo importante que serviu para apuntalar o presente e o futuro desta cidade e desta comarca”.
Así, explicou que grazas aos socialistas, “onde antes había pisos baleiros agora hai vida, onde antes se falaba de decadencia, agora fálase de progreso e prosperidade, e todo grazas ao modelo de reindustrialización que queremos exportar a toda Galicia a partir do 18”.
Afirmou que “fronte as mentiras e o fume do PP que condenaron a Ferrol a ser unha cidade sen futuro, cos socialistas na Xunta faremos como o Racing, un equipo de primeira para unha cidade de primeira”. E para iso destacou que “ofrecemos máis emprego, máis empresas e máis industria e, como non, máis igualdade, máis dereitos e máis ambición de país”.
Nun acto ante máis dun milleiro de persoas na Praza da Constitución no que tamén participou o expresidente, José Luis Rodríguez Zapatero, Besteiro fixo fincapé na necesidade de que sexa “o Partido Socialista quen siga liderando a transformación de Ferrol e de Galicia cara a un futuro máis próspero e igualitario para todos os galegos e galegas”. Porén, asegurou que “só queda unha semana para cambiar de rumbo e para dicirlle adeus a un PP cada vez máis integrista, rancio e inmobilista”.
Chamou á mobilización de toda a sociedade galega o día 18 e apelou a “confiar no Partido Socialista como a forza política capaz de liderar o cambio seguro a través dos valores de xustiza social e igualdade que xa nos fixeron referencia con Zapatero no Goberno de España e Touriño na Xunta”, sinalou.
Besteiro lembrou o legado de “loita e compromiso social” que o Partido Socialista e Zapatero levaron consigo ao longo dos anos e pediu o voto para o PSdeG porque “somos o partido que defendeu e promoveu os dereitos e liberdades sociais en toda España, o da igualdade entre homes e mulleres, o que traballou incansablemente pola xustiza para todos os cidadáns e hoxe, máis que nunca, é crucial que levemos esa mesma visión de progreso e benestar a Galicia”.
“A alternativa”, dixo, “son catro anos máis dun PP sen ambición de país, dun Rueda sen proxecto que prefire facerlle oposición ao Goberno central ca xestionar investimentos para Ferrol e que se suma ás políticas excluíntes e reaccionarias da ultradereita antigalega”, subliñou.
A mentira de Feijóo e Rueda
Besteiro tamén reprochou “a mentira de Feijóo e Rueda” nas negociacións con Puigdemont, xa sabíamos que falaban con Puigdemont, pero que falaban en firme da amnistía non o sabíamos. Un pouco pillan Feijóo, un pouco mentireiro. A mentira, iso que envolve ao PP e que volve a aparecer outra vez aquí”. “Porque a mentira tamén acompaña a Rueda aquí en Galicia, o vimos coa crise dos pélets, mentira, mentira e mentira”, lamentou. Así mesmo, concluíu advertindo ao PP que “imos conseguir que o 18 de febreiro as mentiras salgan do goberno da Xunta de Galicia”.
Compromisos
O candidato socialista reafirmou seu compromiso con Ferrol Terra e anunciou que se vai promover desde a Xunta un clúster da industria da Defensa, un dos sectores que achegan máis valor engadido.
Tamén lembrou a promesa de xestionar co Goberno de España a construción dun dique cuberto para finalizar a modernización do Estaleiro de Navantia, impulsar o financiamento por parte da Xunta de Galicia dun novo dique de reparacións no estaleiro de Ferrol e crear un Centro de Formación da Industria Naval e das Enerxías renovables.
Mobilidade e infraestruturas
José Ramón Gómez Besteiro tamén manifestou como prioridade rematar a construción da vía de alta capacidade (VAC) pola costa que está sumida nunha parálise total dende que goberna o PP e que suma atrasos po máis dunha década.
Sinalou que o Goberno socialista na Xunta de Galicia tamén porá fin ao “caos na mobilidade” en Ferrol e recuperará as frecuencias e paradas suprimidas no transporte metropolitano da comarca. Un asunto que, sostivo, é xeneralizado en Galicia onde o “transporte público é un auténtico fiasco, malia que a Rueda agora lle dea por subirse moito aos autobuses”.
Cidade deportiva
Entre os compromisos electorais que tamén adquiriu Besteiro, apuntou a que se apoiará ao Racing de Ferrol para que poida crear a súa cidade deportiva, no marco da aposta dos socialistas polo impulso ao Deporte. Fronte esta medida, lembrou que a Xunta non investiu nin un só euro nas instalacións deportivas da cidade “polo que as súas promesas á desesperada ás portas dunhas eleccións teñen cero credibilidade”.
Quevedo lo tenía muy claro «»Nadie promete tanto ,como el que no va a cumplir»y Gómez Besteiro hace promesas imposibles ,sabedor que no saldrá elegido de ningun modo para presidir la Xunta de Galicia.
Es absurdo desprestigiar al rival político cual delincuente mentiroso porque eso no se ajusta en ningun caso a lo que
hay.Es impensable que un político aparezca ante los suyos mintiendo y engañando como parecen creer Gómez Besteiro y los suyos ,que hace Rueda.
Lamentablemente Gómez Besteiro no tiene capacidad alguna,ni la tendrá para apoyar nada ni a nadie en Galicia y hará lo que hacen siempre los personajes de su estilo dentro del PSOE :»alabánzas a Sánchez ,para ocupar plaza mejor en Madrid o dónde Sánchez decida».
Zapatero llega confiado dado que aquí no hay tomatazos!.En Rodiezmo (León) no se presentó el último año de su Gobierno, al saber que los mineros iban a vapulearlo por mentirles el año anterior .
Cuesta creer que ese sujeto pudiese haber sido Presidente del Pais además hay que reconocer que los hubo peores y que en conjunto, otros Presidentes ,han hecho más daño que este sujeto.
Estos sujetos saben perfectamente que «gracias a su socialismo,viven del cuento y harán lo que puedan para seguir viviendo igual .
Cuentos de hadas ,a los demás (por si cuela),como hasta ahora han colado en muchos lugares de España «.
Falta una semana para conocer el resultado pero deben de saber este tipo de sujetos (Zapatero/Besteiro)que nadie cree sus inversiones ni obras a ejecutar en Galicia y en beneficio de todos los gallegos .
Ahora G.Besteiro tambien se hace «socio del Racing de Ferrol » (sin pagar cuota ni presentar carnet) y no se sabe de dónde obtiene tanto dinero para la «ciudad deportiva» ,como si fuese eso perentorio para Ferrol actualmente.
Es evidente que se «apuntaría a un bombardeo» (de víctima )si con ello lograse presidir la Xunta pero está claro que va detrás de Ana Pontón en las encuestas y a «rueda de Rueda».