O Partido Popular afea ao BNG que “optase por apoiar ao seu socio de goberno en lugar de dar solución a un problema que leva moitos anos enquistado”

O BNG vota en contra da proposición presentada polo PP sobre a protectora de animais a pesar de ter votado a favor o mesmo texto na  Deputación Provincial de Lugo

Cando parecía que o BNG optara por situarse na dirección correcta, opta por enmendar a súa actuación na Deputación e volver a demostrar que a súa prioridade segue a ser o sillón do goberno.   Hoxe os nacionalistas tiveron a oportunidade de elexir estar ao carón dos veciños, da directiva, dos socios, dos voluntarios e dos animais, pero optou por darlles a espalda.

Ca actitude do BNG no pleno de hoxe amósase novamente que empregan á Xunta como un ariete cando lles interesa atopar un culpable para os problemas da cidade. O Grupo Municipal do PP presentaba hoxe unha iniciativas para impulsar de xeito urxente un proxecto de regularización e ampliación coa implicación de todas as administracións, amosando a dispoñibilidade da Xunta de Galicia a asumir parte dun proxecto que se encadra dentro das competencias municipais.

Os populares buscan unha solución á situación actual da protectora, para garantir unha maior capacidade de acollida, así como unhas instalacións e medios dignos para o día a día dos animais.

O pleno de hoxe evidencia unha vez máis que o PSOE únicamente pensa no PSOE e ignora o seu compromiso coa veciñanza da cidade de Lugo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios