O PP acusa a Alvarellos e Arroxo de vetar aos concelleiros do PP na visita ao Auditorio de Magoi

Os populares din que «o paseo que fixeron hoxe polo edificio foi un paripé xa que non se concretaron nin prazos de apertura, nin modelo de xestión desta dotación cultural»

–        Lamentamos que  a VISITA OFICIAL que esta mañá fixo a alcaldesa de Lugo do PSOE E DO BNG ao novo auditorio fose para facerse unha foto de cara á galería .

–        Os populares explican que «agora se explica o motivo polo que, hai uns días segaron toda a maleza da parcela para evitar a imaxe e abandono desta dotación».

–        Dende o Grupo Popular lembran que  se van cumprir 3 ANOS E NOVE MESES dende que o bipartito ten as chaves do edificio e a estas alturas se confirma que «non teñen definido o modelo de xestión, descoñecen para que o van a utilizar, non saben cando se vai abrir e non existen informes do que custará o seu mantemento

–        Consideramos unha falta de respeto e de transparencia que socialistas e nacionalistas «veten a entrada aos concelleiros populares ao  AUDITORIO DE MAGOI pese a que levamos dende o pasado 10 de xaneiro solicitando visitar o edificio «non contestaron á nosa solicitude polo que a reiteramos o pasado 14 de febreiro

–        Entendemos a falta de resposta a estas peticións  como SILENCIO POSITIVO  polo que hoxe comunicamos que o LUNS 14 de marzo estaremos ás 10.30 horas para visitar as instalación

–        «Esiximos que se defina de forma clara o modelo de xestión que se utilizará para o auditorio, que se establezan prazos concretos así como transparencia en todas as decisións relacionadas co auditorio.

Comparte éste artículo
No hay comentarios