Mar Carballas lembra como en decembro de 2022 se comprometeron a facer unha ordenanza de homoxeneización destas instalacións e que incluso afirmaron que «o borrador estaba moi avanzado»
– Esta semana os hostaleiros con terrazas de Lugo están recibindo os recibos do cobro por ocupación de vía pública con casos nos que pasan de pagar, nun intervalo de catro anos, de 212,52€ a 1.850,40€.
– Mar Caballas lamenta que «ninguén lles notificase aos hostaleiros cando e canto se lles ía cobrar polas súas terrazas, nin tan sequera se lles consultou a súa superficie lembrando como antes da pandemia solicitaban a terraza e se lles enviaba un decreto cos metros ocupados, condicións xerais para a instalación, etc»
– No PP cren que «a falta de indicacións claras do procedemento suxire que os hostaleiros poderían ter motivos para reclamar o cobro das taxas xa que o goberno local non seguiu os protocolos habituais e houbo desinformación»
– Dende o PP consideramos que TER UNHA REGULACIÓN é fundamental de cara a dar SEGURIDADE XURÍDICA E CERTEZA aos empresarios que optan por estás instalacións nos seus negocios, pero tamén permite que se GARANTA A SEGURIDADE dos usuarios das vías e beirarrúas
CONTRADICIÓNS E INCUPRIMENTOS
– A concelleira Mar Carballas explicaba como primeiro, o goberno local anunciou que ían prorrogar as bonificacións das terrazas que se fixeron coincidindo coa pandemia pero «por un olvido do goberno local o concello cobrou as taxas do ano 2022 sen previo aviso»
– Logo o goberno local comprometeuse a buscar fórmulas para compensar aos hosteleiros que nunca chegaron.
– Unha vez máis, sen previo aviso e a ano vencido, pasan agora o recibo de 2023 sen informar axeitadamente aos hostaleiros de como ían a aplicar a tarifa xa que a calculan en base aos metros que ocupan as terrazas e que tiñan declarados no ano 2020, época na que se ampliaron os espazos de ocupación de vía pública pola covid.