O vindeiro domingo 14 de abril cúmprense 93 anos desde a proclamación da II República. Con tal motivo, a Xunta Republicana de Lugo realiza o Roteiro Republicano, que partirá ás 12:00 horas desde a rúa Rafael de Vega.
Percorrerá os lugares que tiveron especial trascendencia desde a proclamación oficial da II República, o 14 de abril de 1931, e faremos unha homenaxe ás persoas que sufriron a represión por defender a legalidade republicana. Ao longo do percorrido haberá diferentes intervencións.
Finalizará na praza da Soedade cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto. A Xunta Republicana convoca este acto, coa participación de Esquerda Unida, o Partido Comunista de Galicia, Podemos, o Foro pola Memoria de Galicia e a Asociación Contracorrente.
A Xunta Republicana de Lugo anima a participar no Roteiro a todos aqueles colectivos e persoas que o desexen.
Día: Domingo 14 de abril
Hora: 12:00
Saída: rúa Rafael de Vega
Chegada: Praza da Soedade
O percorrido do roteiro será o seguinte:
1. Inicio. Fronte ao busto de Rafael de Vega Barrera, na rúa que recibe o seu nome.
2. Rúa San Marcos, fronte á Deputación.
3. Rúa da Raíña, fronte á estatua de Castelao.
4. Rúa San Pedro, fronte ao edificio de Correos.
5. Praza Maior, fronte á Casa do concello.
6. Praza da Constitución, fronte ao Vello Cárcere.
7. Bispo Aguirre, fronte ao Círculo das Artes.
8. Praza de Armañá, fronte á Subdelegación do Goberno.
9. Praza da Soedade, no monumento á II República.