O PP de A Fonsagrada reclama o arranxo inmediato dos accesos a un núcleo de vivendas en Barcela de Arriba

por Redacción Lugo

Bernardo Niño explica que os veciños desta zona temen que, en caso de emerxencia, os servizos sanitarios non poidan chegar ata as vivendas dadas as dificultades que tiveron para acceder na última ocasión na que os precisaron, ao non ter acceso para estes vehículos a este núcleo de poboación

·       Esta vía municipal está caendo, xa se derrubou un dos apoios ou muros de contención, poñendo en risco aos veciños que teñen que pasar a diario por este punto, ao ser a única entrada e saída das súas casas, polo que ruxe unha actuación inmediata.

·       O voceiro popular da Fonsagrada reclama ao alcalde «maior preocupación» por garantir uns accesos adecuados aos núcleos de poboación, sobre todo naqueles máis afastados, como unha das medidas que se poden poñer en marcha para loitar contra o despoboamento que sofre o municipio

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario