9 de Marzo, Día do Naturalismo Galego

por Óscar de Souto


Foi por estas datas o ano pasado que a prensa galega recollía en titulares esta nova celebración. Un dos impulsores desta celebración foi o mestre cedeirense Rafael López Loureiro, tamén re-inventor do Samaín galego, quen impulsou por iniciativa propia o Día do Naturalismo Galego. Celebrouse por primeira vez no 2023 e hoxe está data ten que seguir anotada non só nas hemeroteca

Esa proposta contou co apoio da Real Academia Galega de Ciencias, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega e presentouse coa pretensión de focalizar a “atención na importancia da natureza”. Varias asociacións pola defensa do medio natural de todo o territorio galego fixéranse eco desta magnifica idea. Neste 2024 despois dunhas eleccións autonómicas e cunhas eleccións europeas as portas de Roma, o foco está centrado na pasteira con tintes de celulosa xigantesca, Altri, as beiras do río Ulla, preto de Palas de Rei, que pon en xaque a biodiversidade de toda a conca do Ulla ata a mesma ria de Arousa, co que isto conleva, mais tamén terá incidencia na saúde e na vida de 150.000 galegos, dependendo da dirección do vento polos cheiros sulfúricos das súas chemineas e pola incidencia que poida traer. A maiores da “eucaliptización” masiva do noso territorio e da praga dos eólicos, que tamén queren facerse co mar de Lugo e de Ferrol, poñendo en perigo ó sector pesqueiro, ou parte del, tamén o ecoloxismo galego pelexa cada día con esas pequenas cousas, que xuntas, fan un dano atroz, falamos de verquidos nos ríos, pélets, camiños novos por sendas protexidas e unha lista interminable de atentados contra o noso patrimonio natural. Sexa tamén o hoxe outra homenaxe, a segunda, ó naturalismo galego.


Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002 e tamén o día do naturalismo galego 2023.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario