O PP presenta un rogo a pleno para impulsar a actividade na Praza de Abastos de Lugo buscando solucións que melloren as condicións para comerciantes e clientes
Os concelleiros populares Esta mañá fixeron un percorrido pola Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros e amosaron algunhas deficiencias que presenta o recinto e que responden a unha falta de mantemento.
Detectamos:
Rampa de acceso lateral inutilizada para subir mercadorías. Sen data de arranxo
Oxido en cámaras de frío
Desperfectos no chan en corredores e entrada
Desconchados na pintura de paredes e teitos por humidades
Maquina con información municipal que non funciona
Caixas de cables sen tapa
Cristal de acceso rachado
Pegatinas de distancia do COVID en mal estado
Retirada do cartel de obra que está situado no exterior do edificio
Os populares indican que a pesar dos investimentos que se fixeron para recuperar o Mercado o recinto segue sen despegar e o achaca a faltan servizos hoxe esenciais como poderían ser:
- Facer compra online ou informarse dos postos e produtos da praza porque a web está sen actualizar dende xaneiro de 2022 e que había un compromiso de que se renovaría no primeiro trimestre de 2024.
- A falta de espazos infantis para deixar aos meniños e meniñas mentres se fai a compra. Existe un local habilitado e rotulado que leva anos pechado e se emprega como almacén.
Ademais estes días os praceros están molestos porque se ven vítimas da improvisación da xestión do goberno local xa que veñen de pasarlles xuntas as facturas de auga, lixo e sumidoiros de cinco meses.
Esta situación representa unha CARGA FINANCEIRA INESPERADA E SIGNIFICATIVA para estes empresarios