Un deles pretende a transformación do edificio de Servizos Múltiples nun edificio interxeracional
Na última reunión da Xunta de Goberno Local acordouse que o Concello presente dous proxectos relacionados coa mellora de infraestruturas e equipamentos municipais aos fondos europeos Next Generation por medio da convocatoria de axudas do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico dirixidas a municipios de zonas afectadas por la transición enerxética no marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Un deles tería por finalidade a completa rehabilitación e mellora enerxética do edificio de Servizos Múltiples para transformalo nun edificio interxeracional cun orzamento de 1.090.000 euros.
O inmoble consta de soto, planta baixa e tres plantas. Actualmente alberga o centro social da terceira idade da Laracha e o servizo municipal de atención temperá. A intervención deseñada márcase tres obxectivos prioritarios, todos eles complementarios entre si. Como medidas de mellora da eficiencia enerxética, proponse a renovación da envolvente e tamén dos sistemas de calefacción e ventilación, e sería dotado o edificio cunha instalación de captación de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo. No interior realizaríase unha redistribución dos espazos para optimizalos e incrementar as superficies, ademais de renovar o solo e mellorar a accesibilidade. E como equipamentos, crearíanse aulas dixitais para ofrecer á cidadanía novas oportunidades formativas e de ocio.
O outro proxecto localízase no ámbito do parque empresarial, marcándose como propósitos poñer en valor a zona verde e mellorar a mobilidade nos accesos ao polígono. O orzamento alcanza os 660.000 euros.
Por unha parte, preténdese crear unha senda ciclopeonil para que o parque empresarial conte con plataformas independentes para os tres tipos de tráfico existente: vehículos, bicicletas e peóns. A intervención, que contempla o establecemento de novos tramos de alumeado público alimentado por paneis solares, potenciaría a mobilidade sostible en condicións de seguridade e comodidade para os usuarios.
A outra parte do proxecto consiste na rexeneración da zona verde para uso e desfrute da veciñanza, tanto como espazo de recreo como para a práctica deportiva ao aire libre. Prevese a plantación de árbores para cumprir a dobre función de diminuír a pegada de carbono e servir de pantalla acústica da zona industrial, contando con rego automático alimentado por placas solares que aproveitará as augas pluviais que se recollen no entorno. Os espazos de esparexemento serían dotados con mobiliario urbano (fontes, bancos, etc.) e, como zonas deportivas, habilitaríanse aparellos biosaudables, un parque de calistenia e un circuíto para bicicletas de montaña.