O PP insiste en reorientar o proxecto de crear os novos hortos urbanos no Impulso Verde e destinar os cartos a ampliar a Protectora

por Redacción Lugo

Tras coñecerse que non hai unha demanda suficiente para as 32 hortas dos Paxariños, xa que quedaron 5 dispoñibles na primeira convocatoria, a pesar de tirar de peticións de cidadáns cursadas fóra de praz

  • Na Xunta de goberno (20 de marzo de 2024) aprobouse a listaxe provisional de adxudicatarios dos hortos urbanos de Paxariños. Sen embargo, comprobamos que a demanda non foi suficiente, quedando 5 parcelas dipoñibles  das 32 que hai na zona. Ante esta situación o goberno local terá que  abrir un segundo prazo para adxudicar as hortas que quedan sen propietario que as cultive por un período de 2 anos.
  • A concelleira popular Mar Carballas explica, que resulta chamativo que se incorporasen á listaxe de adxudicatarios as peticións que chegaron fóra de prazo o que reflicte a falta de interese da cidadanía en participar neste proxecto.
  • Diante destas circunstancias consideramos necesario reorientar o proxecto dos hortos urbanos da contorna do Impulso Verde e destinar os recursos dispoñibles a outras iniciativas como a ampliación das instalacións da Protectora.
  • Para a concelleira popular “é incoherente seguir promovendo a construción de novos hortos urbanos senon logran adxudicar a totalidade dos que hai en Paxariños” asegurando que é incomprensible que tendo 5 hortas urbanas libres o goberno local siga defendendo facer outros 74 na contorna do Edificio Impulso Verde. Non hai nada menos sostible que construir novas dotacións sen ter a pleno redemento as que xa existen”.

A concelleira popular Mar Carballas insiste en “reorientar o proxecto da contorna do Impulso Verde, que destina 727.000 € para crear parcelas para cultivos, para alternativas máis sostibles e beneficiosas para os lucenses como é  a ampliación das instalacións da Protectora”

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario