O vindeiro sábado 13 de abril ás 18.00h. no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela
A cabaleira é unha obra dirixida a rapaces de primaria, pero apta para todas as idades. Ten unha duración de 40 minutos.
Sinopse
Érase unha vez… unha princesa, a princesa Valentina. Naceu e, claro, todo parecía indicar que algún día sería raíña. Pero que pasa se a nosa protagonista non quere ser o que se espera dela? Se prefire xogar con espadas, ser armada cabaleira e percorrer o mundo? Pois o que pasa é que se vai meter en moooooooitas leas! E menos mal que estamos aquí para contalas todas!
Poden reservarse butacas no 981543017