Os populares lamentan a falta de mantemento e o abandono do parque Marcos Cela destacando a mala imaxe que ofrece a caseta que hain a entrada á zona verde na rúa de Magoi «está chea de pintadas que se converteu nunha zona onte se cobixan os sen teito ou se celebran botellóns»
• Tamén reclamamos a reparación das varandas que hai no interior deste bosque urbano; a revisión do arborado; reparación dos dous miradores deste entorno, e renovación das travesas da escaleira que comunica os paseos interiores co parque infantil da Avenida de Magoi e a limpeza da fonte do Pilar»
• A intervención nos camiños é outra prioridade xa que as chuvieras arrastraron o pavimento e hai zonas en moi mal estado.
• Este parque foi inaugurado en 2005, trátase dunha zona moi frecuentada pola veciñanza que se utiliza como atallo para chegar á zona do Miño.
PARQUE INFANTIL
• Con respecto ao parque infantil de Marcos Cela é urxente a renovación do pavimento de caucho que ten fendas de varios centímetros que supoñen un risco para os cativos que xogan nel
• Os populares explican que esta zona de xogo se fixeron uns parches para arranxar o pavimento pero esta solución provisional empeorou o seu estad