A cruz de Niñóns, o cruceiro de Pedrouzón, no Concello de Ponteceso, aparece rota de par desa roseira en flor na imaxe, unha peza que forma parte do Patrimonio do Concello e que debe ser reparada o antes posible.
A seguinte é a de Buño, que alguén rompeu durante as festas da Mikaela, fai anos, mais ainda sendo outro acto de vandalismo tamén é responsabilidade do Concello de Malpica de Bergantiños de reparar e restaurar esta peza que forma tamén parte NOSO PATRIMONIO.
As cruces non son propiedade de nadie, son parte do noso patrimonio cultural, social e relixioso. Mal por aqueles que decidiron rompelas e mal por quen tarda demasiado en recuperalas e protexelas porque é un ben común que debemos manter.