«E unha burla aos lucenses que os nacionalistas se unan a unha protesta para reparar as estradas nacionais, que abandonou o goberno de Sánchez que eles sustentan, mentres que miran para outro lado á hora de manter a rede viaria municipal»
· Dende o Grupo Municipal lembran a Arroxo que «o soldo que cobra, como parte do goberno local, págao a veciñanza de Lugo polo que a súa prioridade debería ser o arranxo inmediato dos desperfectos do firme en rúas e pistas do municipio»
· Dende o Grupo Popular acusan aos nacioanlista de «falta de coherencia: unha de dúas ou escollen o camiño da reclamación ou o do apoio a Sánchez, aquí non valen as medias tintas, estanse facendo oposición a eles mesmos».
· A veciñanza pregúntase como é posible que apoien unha caravana para que arranxen as estradas que son competencia do goberno central cando eles son incapaces de facer un mantemento adecuado do que depende da súa xestión.
· Por último os populares desacreditan esta acción de protesta que a visualizan como «un intento lavar a conciencia» xa que Lugo é a provincia con peores comunicación de toda España e eles teñen parte da culpa.