Formoso destaca a importancia de “mellorar a educación para poder medrar como sociedade”

por Redacción A Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá na inauguración no Pazo de Mariñán da edición número XXXI das Xornadas de equipos directivos e de educación infantil e primaria.

No acto tamén participaron o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez González, o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad, e o concelleiro de Educación do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego.

Formoso destacou que «a educación é o pilar fundamental sobre o que se constrúe o futuro da sociedade, por iro é imprescindible mellorala para medrar como sociedade».

O presidente provincial sinalou a necesidade de «seguir construíndo un sistema educativo máis inclusivo, equitativo e orientado ao futuro» e asegurou que «desde as institucións temos que manter o compromiso á hora de traballar de forma constante para marcar as diferenzas e garantir o dereito á educación a todos os nenos e todas as nenas, independentemente da súa orixe ou a súa situación familiar».

As comunidades profesionais de aprendizaxe, o dereito de familia, o absentismo escolar e a xestión de centros a debate

A xornada abriuse ás 10 horas co tema das comunidades profesionais de aprendizaxe, que contou coa relatora Mariana Morales Lobo, licenciada en Filosofía e Letras e profesora durante 15 anos en centros de Madrid e Barcelona.

Ao longo da tarde abordarase outro tema que está na actualidade da xestión dos centros educativos como o dereito de familia, relatado por Balbino Ferreirós Pérez, maxistrado – xuíz do Xuzgado de Familia de A Coruña. Ao remate será a quenda para falar do absentismo escolar, cunha charla a cargo de Beatriz Pacios Yáñez, fiscal delegada de menores da Fiscalía provincial da Coruña.

Mañá venres, o programa iniciarase co coloquio de Isabel Serna Masía, experta en inspección educativa, sobre a xestión dos centros. Ese mesmo día á tarde o obxecto do debate será o protocolo de protección de datos persoais nos centros educativos dependentes da consellería competente en materia de educacións, impartido por Mónica Santiso Lareo, subdirectora xeral de coordinación administrativa e réxime xurídico.

Ao longo dos dous días celebraranse diferentes grupos de traballo e estableceranse espazos para a posta en común e a realización de conclusións despois das sesións.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario