Os populares lamentan “a falta de iniciativa e de compromiso de socialistas e nacionalistas” a pesar que dende o goberno Galego, ata en CATRO datas diferentes, enviou cartas á alcaldía de Lugo (9 de maio 2023, 19 de abril, 20 de septembro 2023 e o 20 de abril de 2024) solicitando este encontro
A reunión que se desenvolveu onte para desbloquear a permuta de parcelas do Castiñeiro celebrouse “única e exclusivamente pola insistencia da Xunta de Galicia que leva máis dun ano poñendose a disposición do goberno local”.
Este é un dos exemplos máis gráficos de cómo xestiona o goberno local de Lugo “é insultante que o retraso en determinar as localizacións das vivendas e materializar a permuta” acusando a Alvarellos “de vender como un logro un fracaso, tendo en conta que esta demora pón en risco a perda de fondos europeos”.
Os populares recriminan que PSOE e BNG ignorasen, durante 12 meses, a urxencia de facer esta cesión deixando o proxecto de vivendas públicas estancado sen ningún convenio asinado.
Os populares critican “ a falta de iniciativa, de compromiso e de sensibilidade do goberno local para solucionar unha das principias necesidades da cidadanía” matizando que “este retraso pode poñer en risco os fondos europeos asignados”.
Nesa mesma liña lamentan a falta de axilidade en proxectos de vivenda pública lembrando que ainda non se resolveron as peticións para a rehabilitación dos inmobles 18 e 22 da rúa Tinería.