A popular Mar Carballas puxo de manifesto a importancia destas dotacións para dinamizar as zonas onde se ubican e pide que non se repitan erros nos pregos de condicións como «o de permitir que a do Parque poida pechar os sábados e os domingos, días onde os lucenses poden gozar desta zona verde»
· A edil reclama ao goberno local que preste atención este mes xa que «está a punto de caducar a concesión da cafetería municipal do CEI Nodus» instando a que se aceleren os procesos de licitación para que non peche ao público»; a popular tamén reclama información do prazo de apertura da do Vello Cárcere, que nunca abriu, e que leva 7 anos pechada»
· Mar Carballas: «É responsabilidade do PSOE e do BNG tomar medidas para reverter a situación de abandono de estes espazos, de titularidade pública, destinados ao desfrute da cidadanía» manifestando que «o goberno local debería convertelos en espazos para xerar oportunidades de emprego e dinamización económica da cidade non de que sexan un lastre para o concello»