O Concello de Lugo ofertará 293 novas prazas de estacionamento en parkinds disuasorios en oito puntos da cidade

O Concello de Lugo dá pasos para mellorar a mobilidade da cidade coa creación dunha rede de aparcadoiros disuasorios que permitirá ofertar 293 novas prazas de estacionamento distribuídas en oito puntos estratéxicos do municipio.

A actuación desenvolverase en cinco parcelas de titularidade municipal e outras tres parcelas privadas, nas que o Concello xa alcanzou un preacordo cos seus propietarios para posibilitar a súa incorporación á futura rede de estacionamento. «Chegar a acordos tamén é unha forma de facer cidade. Grazas ao diálogo cos propietarios poderemos ofrecer máis prazas sen limitarnos exclusivamente ao solo municipal, ampliando así as posibilidades desta actuación.»

As localizacións previstas son a Rúa Primavera, Rúa Lucas Ferro Caaveiro, Rúa Río Eo, Rúa Xosé Castiñeira e Avenida de Vilaverde, no caso das parcelas municipais, e a Rúa Avutarda, Rúa Eloi Maquieira e Rúa Sanxillao, no das parcelas privadas.

En total, habilitaranse 164 prazas en parcelas municipais e 129 en parcelas privadas, alcanzando unha capacidade global de 293 novas prazas de estacionamento.

«Seguimos cumprindo os compromisos que asumimos coa cidadanía. Queremos unha cidade con máis alternativas para estacionar e cunha mobilidade mellor organizada. «

Como primeiro paso para facer realidade esta rede, a Xunta de Goberno Local aprobará a licitación do contrato para a redacción dos proxectos técnicos dos oito aparcadoiros, documentación que permitirá definir as características construtivas, o orzamento e as solucións técnicas necesarias para executar posteriormente cada unha das actuacións de forma progresiva. O contrato conta cun investimento de 17.303 euros (IVE incluído).

Segundo recolle o informe técnico que sustenta o expediente, esta rede de aparcadoiros disuasorios permitirá incrementar a oferta de estacionamento en zonas periféricas e de transición, favorecendo desprazamentos máis eficientes, reducindo o tráfico de paso e diminuíndo a procura de aparcamento nas áreas con maior intensidade circulatoria.

Comparte éste artículo
No hay comentarios