Representantes dos ámbitos das infraestruturas e a vivenda participaron nun encontro xunto a Elena Candia, María Martínez Allegue e Antonio Ameijide para analizar a situación na provincia e na cidade; así coma o impacto das europeas no sector.
- s populares defenden «favorecer a mobilidade, a rehabilitación de vivenda, o impulso de vivenda pública e a colaboración público-privada para ofrecer vivenda a prezos accesibles»
- Fronte ás propostas reais do Partido Popular, «os gobernos de PSOE e BNG poñen dificultades: Pedro Sánchez abandona as infraestruturas viarias e deixa a Lugo fóra da alta velocidade e o goberno bipartito que preside Paula Alvarellos na cidade paraliza as licencias urbanísticas» segundo Candia
- Martínez Allegue subliñou que «os investimentos se deben dirixir a atender as necesidades dos nosos veciños» e, tendo en conta que «o dereito á vivenda é unha das súas preocupacións, o Goberno galego fíxase esta como unha das súas metas»