O vicepresidente do PP lucense e deputado nacional, Francisco Conde, o responsable autonómico de Mar, Alfonso Villares, e a presidenta do PP de Vilalba interviron no mitin da Terra Chá.
- Francisco Conde sinalou que «o Partido Popular sempre defendeu que a transición enerxética é unha oportunidade se se fai ben, gradualmente» e convidou a apoiar este domingo ao PP fronte «ás incertezas» das políticas enerxéticas e industriais de PSOE e BNG
- Alfonso Villares afirmou que «estas eleccións son totalmente decisivas para que se corrixan as deficiencias e a PAC non sexa un obstáculo para o noso rural» á vista de que «está máis deseñada pensando no sur de España que mirando a Galicia»
- Sandra Vázquez subliñou que «o PP é o que mellor defende a Galicia» fronte á candidata do PSOE que é «a responsable do peche abrupto da central das Pontes e de protexer máis ao lobo que ás persoas» e ao BNG, socio dos verdes en Europa, que «propoñen prohibir cocer o marisco vivo»