O PP de Lugo demanda transparencia e información detallada de proxectos municipais e aborda demandas veciñais provocadas por cuestións de falta de mantemento

por Redacción Lugo

O PP pide información sobre o Coliving artístico municipal xa que considera ambigüa e pouco transparente a información sobre o uso e funcionamento deste edificio. Entre outras cuestións queren saber: o obxecto da convivencia de tres artistas neste edificio de uso parcialmente residencial;  a actividade a desenvolver polos tres residentes durante os catro meses de estancia; Que persoal ou entidade (pública ou privada) será a que desenvolverá a xestión (difusión, selección, organización e control) desta actividade antes, durante e despois das estancias?; Cal é o custo asociado á xestión, mantemento, instalacións e axudas para o aloxamento destes tres residentes, que ten estimado o goberno municipal?

Os populares tamén queren saber:

–         Estado de tramitación do novo pavillón polideportivo

–         Medidas para controlar a poboación de pombas no barrio do Castiñeiro onde hai un grave problema de salubridade pola presenza destes paxaros.

–         Se van modificar a liña de autobús pasa pola Avenida da Coruña cara o cemiterio, hai numerosas queixas da veciñanza desta zona de Lugo

–         Avances para facer efectivo o Convenio propio de limpieza;

–         Previsión da cobertura da praza de ordenanza do Centro Cívico Uxío Novoneyra;

–         Se fixeron os trámites para axustar a liña que divide o Concello de Lugo dos restantes cos que linda á cartografía do Plan Básico Autonómico

Os populares tamén transmiten unha petición dunha asociación veciñal que solicita que se facilite unha copia das chaves do Local social Santa María de Bóveda co ánimo de facilitar a organización de xuntanzas ou eventos. Tamén se pregunta pola prometida reposición de ordenadores e a conexión de internet no edificio.

En temas de mantemento:

–         Motivos polos que non se arranxou a pista Tagarro da parroquia de Santalla de Lamas que está en mal estado polo paso de vehículos pesados pola saca de madeira. O goberno local explicara cando instamos a que se reparase a que había un compromiso por parte da empresa de facer esta reparación en catro ou cinco día.

–         Reiteramos a petición para que se arranxe a ponte que cruza o barrio de  Piñeiro. En decembro o goberno local compormeteuse a facer unha supervisión técnica para buscar solucións.

–         Queremos saber a previsión do goberno local para arranxar a beirarrúa en mal estado na rúa Ángelo Colocci na contorna do Instituto que presenta desniveis perigosos; volvemos a insistir en que se tapen as arquetas da rúa María Barbeito no polígono das Gándaras

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario