Comunicado da Asociación de Hostalaría de Santiago de Compostela

por Redacción Galicia

Mediante o presente e con relación ao comunicado difundido pola entidade PROVITURGA no día de onte, a ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSPEDAXE E RESTAURACIÓN DE SANTIAGO quere comunicar e denunciar o uso indebido, da súa imaxe, así como a falsidade que supón incluír a súa suposta firma nun documento cun contido que se descoñece, e que non foi comunicado e moito menos discutido e debatido coa entidade á cal se lle atribúe a firma, neste caso a asociación de hostalería.

A plataforma para a regulación de vivendas turísticas carece de toda lexitimidade para usar de forma torticera e falsa a imaxe da asociación, nun comunicado que evidentemente responde a intencións de persoas concretas, membros dun partido concreto. Nin nos causa estupefacción a actitude tomada pola dirección do PS, nin temos coñecemento de intentos de fraude electoral, nin somos coñecedores de ameazas a concelleiros, isto último de ser certo, entendemos que debe de ser remitido ao Xulgado de Garda competente por ser as ameazas un delito tipificado no ordenamento penal vixente.

O máis axiña posible comunicarase a continuación ou non nunha plataforma, que de forma indebida utiliza a imaxe da asociación de hostalería.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario