A residencia de maiores da Xunta nas Gándaras, en Lugo, celebra a festa do verán con música e maxia

por Redacción Lugo

A residencia de maiores das Gándaras (Lugo), xestionada pola Xunta, celebrou hoxe a Festa do Verán, que incluíu actuacións de música e maxia e outra programación de ocio para os usuarios.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou nalgunha das actividades. Puxo en valor o sistema de atención aos maiores nos centros públicos autonómicos e afirmou que a Consellería de Política Social e Igualdade está a impulsar a modernización da rede de residencias para implantar servizos de vangarda. No caso das Gándaras, Arias lembrou que a Xunta investirá 7 millóns de euros para acometer unha reforma integral.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario