Besteiro empraza ao PP a «derrogar as políticas que puxo en marcha e pactou con Vox nestes meses»

por Redacción Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, emprazou hoxe ao PP a “derrogar as políticas que puxo en marcha e pactou con Vox nestes meses”. Así o dixo hoxe logo de coñecer a ruptura dos acordos de goberno da ultradereita cos de Feijóo que, advertiu, aínda ten que pasar a “proba do algodón” da xestión política para comprobar “se realmente rompeu con eles ou nos atopamos coa mesma versión do PP dos últimos meses”.

O líder dos socialistas galegos aludiu así á reforma da Lei de Estranxeiría, na que o PP ten a oportunidade de amosar a solidariedade cos 6.000 menores estranxeiros que se atopan agora mesmo en Canarias, e aos que cumpre darlles unha solución. Dixo que o acordo co goberno de España nunha proposta razoable, constitucional, solidaria e respectuosa coas competencias das comunidades autónomas será a proba de que romperon coas políticas de Vox.

Emprazou así ao presidente da Xunta que demostre sentido de Estado e vontade de cooperación ampliando as prazas do goberno galego para acoller aos menores que neste momento se atopan en Canarias.

O mundo ao revés

Gómez Besteiro advertiu que mentres en Europa a dereita é a que acorda impoñer un “cordón sanitario” á ultradereita, en España “temos o mundo ao revés”, por canto é Vox quen rompe co PP.

Lamentou que teñan que ser os cidadáns os que paguen as consecuencias das “malas compañías” que son a “norma da casa” para Alberto Núñez Feijóo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario