Rexurdir Galicia presentarase ás primarias para o CCG

por 21 Noticias

Ante a próxima convocatoria da Asemblea Cidadá de Podemos Galicia, tendo en conta que o Coordinador de Podemos Galicia Borja San Ramón, así como boa parte do seu equipo, dimitiron (o que levou ao nomeamento por parte da dirección de Podemos dun Equipo Técnico encabezado por Isabel Faraldo), queremos facer chegar ao conxunto da militancia a nosa vontade de estar presentes e por tanto presentar a nosa candidatura no momento en que se abra devandito proceso democrático.

Facémolo entendendo que a dimisión do xa excoordinador abre unha xanela de oportunidade para abordar un cambio radical no camiño de Podemos Galicia, emendando na súa totalidade o camiño transitado ata o momento e que nos levou á práctica desaparición do escenario político galego. Novos tempos necesitan novas caras que encabecen un proxecto diferente e no que a construción orgánica traia aparelladas a presenza do noso partido no tecido social de Galicia así como conceptos de participación e inclusión interna, en definitiva dun espazo amable para a militancia aberto ao conxunto da sociedade.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario