O PP esixe explicacións e solucións na Policía Local de Viveiro «que leva preto de 6 meses inactiva no municipio»

por 21 Noticias

Os concelleiros populares e o Grupo Provincial preguntarán no Pleno se houbo avances no procedemento informativo e de actuacións previas para o que a alcaldesa solicitou colaboración ao servizo de asistencia e asesoramento técnico aos Concellos da Deputación de Lugo.

  • «Dende o 1 de marzo no que a alcaldesa solicitaba informe de avaliación de riscos e a colaboración da Deputación de Lugo para o expediente informativo e de actuacións previas, transcendeu en maio que xa fora nomeado o instrutor do expediente; pero seguimos sen saber se xa se iniciaron as actuacións nin cal é a previsión do goberno local para solventar o problema», explican os populares
  • Ameijide: «De novo vemos como o actual goberno da Deputación nunca está á altura das circunstancias, o Concello de Viveiro ten un problema enorme coa Policía Local, levan meses sen servizo e no momento no que se multiplica a poboación da vila, nin goberno municipal nin provincial fan nada»
  • Os voceiros provincial e municipal esixen a PSOE e BNG na Deputación solucións e traballo, e ao Concello de Viveiro que despois de más de medio ano sen efectivos se tomen en serio o problema, expliquen o que fixeron e cando se vai a solucionar
  • Os populares preguntan se xa está firmado o convenio co Concello de Lugo para o instrutor, si xa se comezou a instrución e as declaracións dos implicados porque, polo que sabemos, aínda non hai nada: nin un paso 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario