Presentación do libro de Moncho Viña «Moito que contar», no Centro Sociocomunitario de Caión, o venres día 16 de agosto ás 20.30 horas

por 21 Noticias

O Dépor e radio: dúas paixóns, e un cento de historias, do ensaio de Moncho Viña, un dos grandes xornalistas deportivos de Radio Juventud, Radio Cadena Española e RNE. Coordinador da Radio Conta e colaborador do Foro Comunicación y Escuela (IES Elisa e Luis Villamil, en Vegadeo), da Radio Galega, Radio Marca, Radio Coruña e DXT.

Moito que contar é unha frase que inevitablemente trae o recordo o noso querido Arsenio. Este libro é un exercicio de xornalismo. A carón dos grandes nomes do deporte agroman tamén persoeiros e feitos menos visibles. A historia e a intrahistoria. Seguimos o Deportivo de onte, de hoxe e de sempre. As súas xestas nacionais e internacionais e as súas lendas: Amancio, Arsenio, Luís Suárez, Vicente, Fran, Djukic, Bebeto, Mauro Silva ou Djalminha. O foco ábrese para inserir historias do Celta ou do Compostela e doutros deportes como o baloncesto, o ciclismo ou o hóckey.

Sobre o traballo metódico e vivencial de Moncho Viña, Moito que contar ábrese tamén ás achegas que realizaron Alfonso Hermida, Adrián Viña Menéndez e Henrique Rabuñal para contarnos historias, viaxes, anécdotas… como unha serie de informacións básicas sobre o Deportivo, a orixe dos Riazor Blues, o motivo polo que se celebran os títulos en Catro Camiños etc. Unha lectura que de seguro desfrutarán, sen dúbida, todas as persoas lectoras, sexan ou non futboleiras ou deportivistas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario