O helicóptero de Salvamento Marítimo tivo que acudir na mañá a nunha zona de rochas e acantilados, de moi difícil acceso, por unha ou varias persoas que requería auxilio na zona de Santo Adrián, no Concello de Malpica..
Salvamento Marítimo moviliza ó Helimer 401, ante unha alerta dende o 112 Galicia a 061, e son requeridos os efectivos de Guardia Civil, Bombeiros Ges Ponteceso e Policía Local de Malpica. Sobre das 12:15 horas suspendido o rescate de búsqueda porque non atopan a nadie na zona.
….
A primeira alerta foi ás 10:30 horas cando se puxo en marcha en Malpica de Bergantiños un importante dispositivo de búsqueda preto do lugar de Seaia e do Santuario de Santo Adrián. A esa hora, 112 Galicia alerta a Salvamento marítimo en España, ós membros do GES, Guardia Civil, 061, bombeiros e Policía Local ante a posibilidade dalgunha persoa ou persoas en perigo, porque uns «sendeiristas», que realizaban a etapa 1 da Ruta do Camiño dos Faros entre Malpica e Barizo, afirmaron e alertaron de que escoitan a voz dunha muller pedindo auxilio.
Como ningún dos medios aéreos e terrestres atoparon a ningunha persoa neste punto, decidiron suspender a búsqueda de forma definitiva.