Paula Alvarellos agarda o permiso da Xunta para traslocar os mexillóns e poder habilitar o acceso seguro ao río

por 21 Noticias

O Executivo de Paula Alvarellos realizou a petición, logo de dispoñer xa da correspondente autorización da Confederación Hidrográfica para colocar as estruturas.

O Concello completaba a documentación necesaria para facer efectivo o permiso sinalando finalmente, na solicitude, un único punto de entrada ao Miño.

Trátase do ubicado augas abaixo, no que se contabilizou a existencia de tan só 96 exemplares, o que minoraría os labores e a súa duración.

O Concello descartou o emprazamento augas arriba, o segundo con menor presenza de náiades, debido ao importante desnivel que presenta a ribeira e que obrigaría a facer un desmonte considerable do terreo.

A alcaldesa, Paula Alvarellos, confía en que a Xunta resposte a esta solicitude con igual celeridade á que amosou a semana pasada, permitindo iniciar canto antes as tarefas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario