Un coche cae sobre o tellado do alpendre dunha vivenda no concello de Miño

por Óscar de Souto

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos participaron esta mañá nun operativo derivado dunha saída de tráfico na que un vehículo se precipitou sobre o tellado do alpendre dunha vivenda na rúa Hermo, do concello de Miño.

Tanto o condutor como os pasaxeiros do turismo non resultaron feridos e abandonaron o lugar. O operativo dos bombeiros consistiu en asegurar tanto a zona como o vehículo e comprobar a estrutura do alpendre.

Fotos. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario