O PP esixe a PSOE e BNG dotar de seguridade a estrada LU-P-5303, na aldea de San Lorenzo, para evitar unha caída de varios metros a un pozo

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide tamén pon sobre a mesa a urxencia de realizar un correcto mantemento desta vía provincial, na que é necesario, polo menos, a limpeza das cunetas o desbroce da maleza e a poda das árbores que invaden a vía e tapan as sinais de tráfico.

O nulo mantemento das estradas provinciais que caracteriza a PSOE e BNG a fronte do goberno provincial converteu estas vías en puntos de gran inseguridade para os condutores, pero non só polas fochancas e o mal estado do pavimento, senón tamén pola “pasividade e a desidia” de nacionalistas e socialistas á hora de preocuparse por repoñer ou dotar a estas estradas dos elementos de seguridade necesarios.

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández, acompañados da voceira popular en Ribas de Sil, Sandra Macía, comprobaron “o gran perigo” que entraña para os condutores a estrada provincial LU-P-5303, unha vía moi transitada e que carece, na maior parte do seu percorrido de biondas ou dos elementos de seguridade precisos para evitar a caída dun vehículo polos numerosos taludes que hai ao longo desta estrada.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, pon como exemplo a situación que se dá á altura do PK 10,900 na aldea de San Lorenzo, un punto no que hai varias casas a ambos lados da estrada pero que, nunha das súas marxes, as vivendas están a unha altura de varios metros por debaixo da carretera. “Vemos que neste punto hai unha caída de tres metros, aproximadamente, nunha zona na que a estrada é moi estreita e na que saen vehículos de ambas marxes, pero non hai ningún elemento que evite a caída dos coches”, explicou.

Ameijide recorda que se trata dunha vía perigosa xa que é moi estreita e sempre hai unha caída e é unha estrada moi transitada xa que ademais de dar acceso a varios núcleos de poboación e levar a varios miradoiros tamén dá servizo a unha canteira.

De feito, os veciños xa puxeron esta situación en coñecemento da Deputación de Lugo para pedir a colocación de medidas de seguridade, así como a limpeza das cunetas para garantir a correcta evacuación da auga, ademais da poda das árbores e o desbroce da maleza que invaden a carretera e numerosos puntos. 

MÁIS CASOS NA PROVINCIA

Antonio Ameijide recorda que non se trata dun caso illado na provincia. Hai uns días xa puxemos en coñecemento da Deputación a situación da LU-P-2804, en Lourenzá, unha estrada é moi empregada polos laurentinos xa que comunica este municipio con Mondoñedo e que presenta unha situación moi semellante.

Neste estrada, ao seu paso polo lugar de Mogo-A Cazolga, unha das marxes da estrada conta cun terraplén ao río Masma “cunha caída de máis de 20 metros sen ningún tipo de medida de seguridade”. “Non hai ningunha bionda, varanda ou calquera elemento que impida que calquera vehículo caia polo talud con terribles consecuencias”, recordou.

Unha situación que se dá a pesar de que os veciños levan dende maio deste ano pedindo ante Concello e Deputación de Lugo que se tomasen medidas urxentes para mellorar a seguridade nesta zona pero “polo momento nin PSOE nin BNG quixeron atender as súas reivindicacións”, sinalou.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario